martes, 31 de mayo de 2016

Cartas de inverno

O seu autor é Agustín Fernández Paz. 

Resumo:

Tareixa recibe unha carta de seu irmán Xabier, na que conta as súas experiencias co seu amigo íntimo Adrián. A carta contía outro sobre máis pequeno, que segundo lle decía seu irmán se non volvía saber nada del, debíallo entregar ao inspector Soutullo.

Pasaban os días Tareixa non recibía noticias do seu irmán e ela que non podía esperar máis, abriu o sobre. A segunda carta falaba de que Xabier, recibira un montón de cartas de Adrián, que contaba que comprara a casa encantada nomeada nun momento polos dous amigos. Ao principio, as cartas falaban da ledicia e o encanto de Adrián pola casa, ata que empezaron a suceder cousas estrañas. As cartas relataban as mensaxes misteriosas, voces estrañas e acontecementos. E tras pasado un tempo, e seguindo as pistas Adrián descobre una argola nunha estancia oculta da casa, así que Xabier impaciente, colleu o coche y foi a casa de seu amigo.

Unha vez alí, viu que todo o que Adrián lle contara nas cartas, era verdade, pero non encontra a ninguén, así que decide durmir. Ao día seguinte, logra entrar na estancia oculta sen facer caso á nota que lle deixara seu amigo de que por favor non baixase pola argola xa que corría un grave perigo se o facía. El, sen facer caso de seu amigo, baixa, horrorizado polo que ve, decide saír de alí, pero máis tarde volve entrar con leña para facer lume, xa có lume purificábao todo. Ata aí dicían as cartas de Xabier.

Tareixa, nerviosa polo que lle contaban as cartas, púxose de inmediato en contacto co el inspector Soutullo e foron de camiño á casa onde deran dado lugar os feitos. Cando chegaron, a casa estaba en chamas. E en canto estas se apagaron, Tareixa entrou, pero non viu nada. Así que, para despexarse un pouco foise dar un paseo pola montaña, onde se encontrou o libro do que falaban as cartas de seu irmán. Colleuno, e prendeulle lume e a partir dese intre, soubo que seu irmán e Adrián xa podían descansar en paz.

Comentario:
            
           Este libro é un dos meus preferidos, a verdade é que me encantou e se lle tivese que dar una nota sería un 9.
            
           Pareceume do máis entretido, intrigante,… se empezas a lelo non eres capaz de parar ou polo menos iso me pasou a min.
Outra cousa da cal me gustou foi que aínda que sea unha dobre historia enténdese ben, xa que non me perdín na historia.
           
           Gustáronme a personalidade dos personaxes, e o punto de vista do autor, con este libro sentín medo que é o que Agustín  quere transmitir.

           
           O único que non me gustou moito do libro é que é predecible, porque desde un pouco máis da metade para diante xa imaxinas como é o final. Pero o resto gustoume moito.

AIRE NEGRO


Este libro está escrito por Agustín Fernández Paz.
O narrador en primeira persoa.

RESUMEN

      Esta historia trata da vida de Laura, a protagonista, posta na boca do seu  psiquiatra, o doutor Moldes.
      Un certo día cando ela ía paseando por unha rúa da súa Galicia natal, estivo a piques de sufrir un accidente: caer dentro dun pozo.Ela ía acompañada do seu can e grazas ao ladrido del salvouse. Ela era un pouco mística e a partir dese suceso pensou que o seu can, chamado Dédelo, era o seu salvador. Despois dun tempo, o seu can morreu. A morte do can, o feito de que a protagonista cría que a vixiaban e o case asasinato da súa admiradora fixeron que a protagonista tivese un comportamento raro, é dicir, o autor do libro déixanos ver que ela comezaba a sufrir algún tipo de enfermidade.
      Logo destes feitos, Laura viaxa a Madrid e tras cortar co seu mozo volve á súa Galicia natal. Un día de tormenta paseando polo bosque un raio caeu moi preto dela e desmaiouse. Tras varias horas un compañeiro atopouna e levouna ao hospital. Alí informáronlle de que padecía unha enfermidade: Autismo.
      Tras que Laura Novo ingresase nunha clínica especializada, decidiu escribir acerca da súa vida.Tras ler os seus relatos, o doutor Moldes decidiu falar co seu compañeiro e este contoulle a historia da “Gran Besta”.
      Un día desafortunado o doutor ía buscar a Laura para seguir coa terapia pero ela non estaba, desaparecera, e na porta había marcas de garras de besta.

Comentario

Este libro non me gustou, xa que nin os personaxes nin o tema do libro me gustou, paréceme un libro aburrido á par que surrealista.
         A parte de que non me soen gustar os libros de ciencia ficción, hai algúns que aínda si pero este libro non.
         A min dáme a sensación de que o autor quere causar medo nos lectores, pero a min non mo produxo, así que non me gustou.
         A min gústame empatizar cos personaxes, meterme no seu papel pero desta volta non me sentín como ningún dos personaxes e menos con Laura (a protagonista).

         Pero de todo si teño que dicir o que menos me gustou do libro foi o final. Paréceme un final moi malo para o libro. Para min o da “Gran Besta” non é nada crible e non me gusta iso.
O corazón de Xúpiter

     O título deste libro é O corazón de Xúpiter escrito por Ledicia Costas.

     Ledicia Costas naceu en Vigo no verán do ano 1979. Debutou na colección Fóra de Xogo coa novela Una estrela no vento, obra escrita en plena adolecencia. Como poeta o seu primeiro libro é Xardín de inverno. Recibiu o premio Neira Vilas ao mellor Libro Infantil e Xuvenil 2012 da Asociación Galega de Editores. 

    É  de xénero narrativo,a súa estrutura externa está composta de vinte capítulos e un epílogo, a estrutura interna divídese en introdución, nó e desenlace.

A acción transcorre nun lugar chamado A Rexión. A época na que se desenvolve a historia é na actualidade e dura un ano, de verán a verán.

O seu vocabulario é coloquial, aínda que as veces os personaxes falan de forma vulgar. O libro está escrito en 1ª persoa.

   Os seus temas son o amor e a adolescencia.

Resumo:

   Esta historia trata dunha rapaza de dezasete anos chamada Isla, que se mudou a unha cidade denominada A Rexión. 
   
   A Isla encantáballe a astronomía, e un día, por un chat de Internet coñeceu a Xúpiter, para ela o amor da súa vida, unicamente existía un problema, que só tiña unha foto del  e que lle gustaba a astronomía coma a ela, nin sabía o seu nome, nin onde vivía, nin a que instituto ía,..

  Desde o primero día de instituto, había un rapaz chamado Carballo o cal lle facía a vida imposible, pero ela sempre tiña neses momentos a Mar, a súa mellor amiga, despois dun tempo apareceu na súa vida Anxo, un rapaz que estaba namorada dela, pero o seu amor non era correspondido, porque Isla estaba namoradísima de Xúpiter.

  A noite de San Xoán era a festa do instituto e Isla por fin ía a coñecer a Xúpiter, quedaran na cervexaría abandonada, ela entrou pero a persoa que atopou alí non era Xúpiter, se non un home de uns cincuenta anos de idade, o fillo da dona desa cervexaría. Resultou que o home un psicópata, e o primeiro que fixo foi  amordazala. Este contoulle que el fora o que matara a súa nai e que a tirara ao mar xunto coas medusas. Cando estaban dispostos a saír para fuxir, Mar que nese momento atopábase con Carballo, veuna e os dous dirixíronse correndo para salvala, pero cando o home os veu precipitou ao mar a Isla, igual que fixera con súa nai. Arrepentido por todo o que lle fixera a Isla, decidiu tirarse ao mar.

Personaxes:

Os personaxes son Isla (é a protagonista, é una rapaza dun carácter tímido, intelixente), Mar ( é a mellor amiga de Isla, é lesbiana), Carballo ( é o típico amigo que vai de malote para ser sempre o centro de atención, faille a vida imposible a Isla).

Comentario:

 Este libro encantoume , é un dos libros que máis me gustou do que lin neste ano.

É un libro que che fai reflexionar moito e polo menos a min conseguiume meter na situación de Isla (a protagonista).

Outro motivo polo que tamén me gusta é porque trata sobre a adolescencia e incita a pensar moito na vida,  en todo o que nos queda por diante e no ignorantes que podemos chegar a ser.

A parte máis emotiva para o meu gusto foi no momento no que ela vea Xúpiter, porque é incrible que un libro chegues a vivilo tanto como si estiveras vendo cos teus propios ollos, esa sensación gustoume moito e paréceme algo fantástico. 

MADE IN GALIZA


O título é Made in Galiza e foi escrito por Séchu Sende ( Padrón 1972). É profesor e escritor. Nos últimos tempos estivo ligado de forma moi importante ás plataformas Nunca Máis e Burla Negra. Da súa produción poética destaca o libro Odisea. En 2004 gañou o premio Blanco Amor da novela con Orixe. En 2007 publica, tamén en Galaxia, o libro de relatos Made in Galiza.

Este libro de relatos narra pequenas historias sobre a perda da lingua.

O que nos quere expresar o libro, é dicir, a moralexa é que temos que usar a nosa lingua galega neste caso, porque se non co paso dos anos irase perdendo.

Cada relato cóntache unha historia interesante e entretida sobre o perdida da lingua galega, como o ladrón de palabras, os obxectos perdidos, nin en soños vou perder eu a miña lingua…, esos todo son relatos moi entretidos e curiosos, ca mesma moralexa en común, a perda da lingua.

A min gustoume, a parte do tema, cal é moi interesante, xa que adquires cultura doutro xeito, sen ter que ser estudado, se nos lendo este libo, cal aporta moita información de maneira entretida e divertida, xa que por exemplo:
En Nin en soños vou perder a miña lingua, usa o dobre significado da palabra lingua usando a ignorancia duna nena pequena o cal che motiva a ler o libro, xa que mais ou menos, todos os relatos xogan con iso da mesma forma.