miércoles, 16 de diciembre de 2015

O título desta obra é Irmán do vento

O seu autor é Manuel Lourenzo González.
Este naceu en Vilaboa (Pontevedra) o 3 de marzo de 1955. É licenciado en Pedagoxía, profesor de Ensino Primario en excedencia e profesor Secundario. É coautor de libros de texto da Lingua Galega para a ESO, así como diversos traballos de Historia da Literatura.

Xénero: Narrativo

Resumo

Este libro trata da supervivencia dun neno iraquí nun país en guerra.O Dr Luís Meira chega ao Oriente Próximo, formando parte dun equipo para  un estudo científico das ruínas de Petra en Xordania e co paso de tempo vai a Iraq. Durante a seu tempo en Iraq coñece a Khaled, un rapaz de 4 anos, nas ruínas de Niníve. Alí tamén coñece o seu avó, Hadras, que é vendedor ambulante de pezas de antiguïdades falsas. Hadras convida ao Dr Meira a ir a aldea onde viven, Qhissa Hanni, e quedou mes e medio na súa casa. Alí coñece a toda a familia de Khaled. Comezou a primeira guerra de Iraq e o Dr Meira volta a Galicia onde, aos dous meses, entérase de que acabara a guerra e que Pensha, un tío de Khaled, morrera nela. Un día morre a nai de Khaled, Beth, por unha enfermidade.O Dr Meira volve a Iraq e merca a casa que fora de Pensha e a súa muller, Ednal. Instálase definitivamente en Iraq e chámanno Al-Galego.Pero ao cabo dun tempo empeza a segunda guerra de Iraq.
Khaled escribe a primeira, das moitas outras cartas, a Alberte, o fillo imaxinario do Dr Meira.
O seu pai volveu casar cunha muller, Zulaid, coa que tivo un fillo. A Khaled non lle importou, pero a familia da nai sentoulle moi mal, e iso provocou enfrontamentos nela.
Un día, chegou a guerra de Bagdad e o seu pai tivo que ir cos outros soldados a loitar. Ao principio o pai mandáballe cartas e contáballe como era Bagdad, non mencionaba a guerra para non preocupalo. Recibía moitas cartas ao mes, pero pouco a pouco foron chegando menos, ata que chegou unha informando da súa desaparición.
Khaled vaino buscar a Bagdad. Pasou moitas aventuras polo camiño, e iso encantoulle, pero ao chegar á cidade, atopouse co seu pai morrera.

 Temas:

A guerra e a supervivencia.

Estructura:

     Externa: Capítulos.
     Interna: Introducción, nó e desenlace.

Personaxes:

Khaled = neno protagonista e un dos narradores da historia  
 Dr Luís Meira ou Al-Galego = arqueólogo, un dos personaxes principais e outro narrador 
Alberte = fillo imaxinario do Dr Meira e outro personaxe principal
Hadras = avó de Khaled, vendedor de pezas de antiguïdades falsas
Sayiam = pai de Khaled
Beth = nai de Khaled
Dulaah, Tsarha e Salima = tías de Khaled
Zubdalá = muller que coidaba de Khaled e a toda a familia, cuñada do avó
Pensha, Abdul e Onagro = tíos de Khaled
Ednal = muller de Pensha
Eimel = fillo de Pensha, curmán e mellor amigo de Khaled
Mr Ashdaf = mestre de Khaled
Zulaid = segunda muller do pai de Khaled
Dimas Ber = o alcalde
Amrah = filla do alcalde e moza de Khaled
Muhammad Abdul Adsi = curandeiro
Moun dei Ben Dabat = taberneiro
Tarik, Umar e Musa = amigos de Khaled
Kramal al-Nart = irmán de Tarik
Athaniel = o gandeiro que lle vendeu os cabalos ao pai de Khaled
Belda Mid = parteira
Mustafá Wasit = mestre prisioneiro
Sarif = soldado iraquí que abandona o seu uniforme
Irmán do vento = cabalo de Khaled

Lugar e tempo:

Iraq, en tempos de guerra.

1ª persoa.

Vocabulario:

Coloquial.