miércoles, 1 de junio de 2016

REO

O autor é Xesús Fraga.

Resumo:

Este libro trata sobre un adolescente  chamado Reo que ten unha paixón moi forte polos graffitis. El e os seus amigos crean un grupo nunha dicoteca abandoada do seu barrio e chámano A-100 Crew.

Cada quen quere ser o mellor asi que forman disputas.
Un día a plicía colle a Reo. Tras estar na comisaría obligano a que deixa de facer graffitis. Reo conta coa axuda do seu profesor.
Reo namórase dinha rapaza llamada Cora.Pero o pai decide que deben volver a Brasil.
Entón Reo decide escapar con Dora, pero pormala sorte pillanos e cada un debe volver para a súa casa. A esto agregase que un dabanda del  morre.

Comentario:

Gústoume moito, xa que se aprende moito do mundo dos graffiteiros.
Ademais faiche reflexionar sobre que cada un debe de loita polo que quere ser nun futuro.
O único malo do libro é que me pareceu un pouco aburrido.




O Libro das Alquimias

O seu autor é Xesús Constenla.

Resumo:

Este libro trata sobre unha historia dun neno pequeno, máis ou menos de dez anos,moi curioso, o cal vive nun edificio cos sus pais.
Un día un vello mudouse ao edificio. 
O rapaz tras a chegada del decidiu investigar, e descubreu que aquel home de certa idade na súa vinenda tiña libros voando, o rapaz marchou da casa asustado.
Tras todo iso o rapaz e o vello comezaron a levarse ben, é dicir, a falar, e ovello contoulle sobre Hipatía e sobre a Biblioteca de Alexandía.
Tras todo iso, desgraciadamente os pais do neno morren nun accidente de coche, e tras iso o rapaz tense que mudar con sua tía o que fai que o neno e o vello non poidan volver falar.

Comentario:

Bueno, este libro ten partes que me gustaron e partes que non como a do final que nos me gustou nada, xa que me perdín, o tema que ao ser un libro de fantasía non me gusta moi.

E partes boas porque entendese ben e gustame a forma de ser do neno, tamén me gusta cando fala o vello, que todo está separado por puntos...... o cal ao principio non te avituas pero despois gustoume.

martes, 31 de mayo de 2016

Cartas de inverno

O seu autor é Agustín Fernández Paz. 

Resumo:

Tareixa recibe unha carta de seu irmán Xabier, na que conta as súas experiencias co seu amigo íntimo Adrián. A carta contía outro sobre máis pequeno, que segundo lle decía seu irmán se non volvía saber nada del, debíallo entregar ao inspector Soutullo.

Pasaban os días Tareixa non recibía noticias do seu irmán e ela que non podía esperar máis, abriu o sobre. A segunda carta falaba de que Xabier, recibira un montón de cartas de Adrián, que contaba que comprara a casa encantada nomeada nun momento polos dous amigos. Ao principio, as cartas falaban da ledicia e o encanto de Adrián pola casa, ata que empezaron a suceder cousas estrañas. As cartas relataban as mensaxes misteriosas, voces estrañas e acontecementos. E tras pasado un tempo, e seguindo as pistas Adrián descobre una argola nunha estancia oculta da casa, así que Xabier impaciente, colleu o coche y foi a casa de seu amigo.

Unha vez alí, viu que todo o que Adrián lle contara nas cartas, era verdade, pero non encontra a ninguén, así que decide durmir. Ao día seguinte, logra entrar na estancia oculta sen facer caso á nota que lle deixara seu amigo de que por favor non baixase pola argola xa que corría un grave perigo se o facía. El, sen facer caso de seu amigo, baixa, horrorizado polo que ve, decide saír de alí, pero máis tarde volve entrar con leña para facer lume, xa có lume purificábao todo. Ata aí dicían as cartas de Xabier.

Tareixa, nerviosa polo que lle contaban as cartas, púxose de inmediato en contacto co el inspector Soutullo e foron de camiño á casa onde deran dado lugar os feitos. Cando chegaron, a casa estaba en chamas. E en canto estas se apagaron, Tareixa entrou, pero non viu nada. Así que, para despexarse un pouco foise dar un paseo pola montaña, onde se encontrou o libro do que falaban as cartas de seu irmán. Colleuno, e prendeulle lume e a partir dese intre, soubo que seu irmán e Adrián xa podían descansar en paz.

Comentario:
            
           Este libro é un dos meus preferidos, a verdade é que me encantou e se lle tivese que dar una nota sería un 9.
            
           Pareceume do máis entretido, intrigante,… se empezas a lelo non eres capaz de parar ou polo menos iso me pasou a min.
Outra cousa da cal me gustou foi que aínda que sea unha dobre historia enténdese ben, xa que non me perdín na historia.
           
           Gustáronme a personalidade dos personaxes, e o punto de vista do autor, con este libro sentín medo que é o que Agustín  quere transmitir.

           
           O único que non me gustou moito do libro é que é predecible, porque desde un pouco máis da metade para diante xa imaxinas como é o final. Pero o resto gustoume moito.

AIRE NEGRO


Este libro está escrito por Agustín Fernández Paz.
O narrador en primeira persoa.

RESUMEN

      Esta historia trata da vida de Laura, a protagonista, posta na boca do seu  psiquiatra, o doutor Moldes.
      Un certo día cando ela ía paseando por unha rúa da súa Galicia natal, estivo a piques de sufrir un accidente: caer dentro dun pozo.Ela ía acompañada do seu can e grazas ao ladrido del salvouse. Ela era un pouco mística e a partir dese suceso pensou que o seu can, chamado Dédelo, era o seu salvador. Despois dun tempo, o seu can morreu. A morte do can, o feito de que a protagonista cría que a vixiaban e o case asasinato da súa admiradora fixeron que a protagonista tivese un comportamento raro, é dicir, o autor do libro déixanos ver que ela comezaba a sufrir algún tipo de enfermidade.
      Logo destes feitos, Laura viaxa a Madrid e tras cortar co seu mozo volve á súa Galicia natal. Un día de tormenta paseando polo bosque un raio caeu moi preto dela e desmaiouse. Tras varias horas un compañeiro atopouna e levouna ao hospital. Alí informáronlle de que padecía unha enfermidade: Autismo.
      Tras que Laura Novo ingresase nunha clínica especializada, decidiu escribir acerca da súa vida.Tras ler os seus relatos, o doutor Moldes decidiu falar co seu compañeiro e este contoulle a historia da “Gran Besta”.
      Un día desafortunado o doutor ía buscar a Laura para seguir coa terapia pero ela non estaba, desaparecera, e na porta había marcas de garras de besta.

Comentario

Este libro non me gustou, xa que nin os personaxes nin o tema do libro me gustou, paréceme un libro aburrido á par que surrealista.
         A parte de que non me soen gustar os libros de ciencia ficción, hai algúns que aínda si pero este libro non.
         A min dáme a sensación de que o autor quere causar medo nos lectores, pero a min non mo produxo, así que non me gustou.
         A min gústame empatizar cos personaxes, meterme no seu papel pero desta volta non me sentín como ningún dos personaxes e menos con Laura (a protagonista).

         Pero de todo si teño que dicir o que menos me gustou do libro foi o final. Paréceme un final moi malo para o libro. Para min o da “Gran Besta” non é nada crible e non me gusta iso.
O corazón de Xúpiter

     O título deste libro é O corazón de Xúpiter escrito por Ledicia Costas.

     Ledicia Costas naceu en Vigo no verán do ano 1979. Debutou na colección Fóra de Xogo coa novela Una estrela no vento, obra escrita en plena adolecencia. Como poeta o seu primeiro libro é Xardín de inverno. Recibiu o premio Neira Vilas ao mellor Libro Infantil e Xuvenil 2012 da Asociación Galega de Editores. 

    É  de xénero narrativo,a súa estrutura externa está composta de vinte capítulos e un epílogo, a estrutura interna divídese en introdución, nó e desenlace.

A acción transcorre nun lugar chamado A Rexión. A época na que se desenvolve a historia é na actualidade e dura un ano, de verán a verán.

O seu vocabulario é coloquial, aínda que as veces os personaxes falan de forma vulgar. O libro está escrito en 1ª persoa.

   Os seus temas son o amor e a adolescencia.

Resumo:

   Esta historia trata dunha rapaza de dezasete anos chamada Isla, que se mudou a unha cidade denominada A Rexión. 
   
   A Isla encantáballe a astronomía, e un día, por un chat de Internet coñeceu a Xúpiter, para ela o amor da súa vida, unicamente existía un problema, que só tiña unha foto del  e que lle gustaba a astronomía coma a ela, nin sabía o seu nome, nin onde vivía, nin a que instituto ía,..

  Desde o primero día de instituto, había un rapaz chamado Carballo o cal lle facía a vida imposible, pero ela sempre tiña neses momentos a Mar, a súa mellor amiga, despois dun tempo apareceu na súa vida Anxo, un rapaz que estaba namorada dela, pero o seu amor non era correspondido, porque Isla estaba namoradísima de Xúpiter.

  A noite de San Xoán era a festa do instituto e Isla por fin ía a coñecer a Xúpiter, quedaran na cervexaría abandonada, ela entrou pero a persoa que atopou alí non era Xúpiter, se non un home de uns cincuenta anos de idade, o fillo da dona desa cervexaría. Resultou que o home un psicópata, e o primeiro que fixo foi  amordazala. Este contoulle que el fora o que matara a súa nai e que a tirara ao mar xunto coas medusas. Cando estaban dispostos a saír para fuxir, Mar que nese momento atopábase con Carballo, veuna e os dous dirixíronse correndo para salvala, pero cando o home os veu precipitou ao mar a Isla, igual que fixera con súa nai. Arrepentido por todo o que lle fixera a Isla, decidiu tirarse ao mar.

Personaxes:

Os personaxes son Isla (é a protagonista, é una rapaza dun carácter tímido, intelixente), Mar ( é a mellor amiga de Isla, é lesbiana), Carballo ( é o típico amigo que vai de malote para ser sempre o centro de atención, faille a vida imposible a Isla).

Comentario:

 Este libro encantoume , é un dos libros que máis me gustou do que lin neste ano.

É un libro que che fai reflexionar moito e polo menos a min conseguiume meter na situación de Isla (a protagonista).

Outro motivo polo que tamén me gusta é porque trata sobre a adolescencia e incita a pensar moito na vida,  en todo o que nos queda por diante e no ignorantes que podemos chegar a ser.

A parte máis emotiva para o meu gusto foi no momento no que ela vea Xúpiter, porque é incrible que un libro chegues a vivilo tanto como si estiveras vendo cos teus propios ollos, esa sensación gustoume moito e paréceme algo fantástico. 

MADE IN GALIZA


O título é Made in Galiza e foi escrito por Séchu Sende ( Padrón 1972). É profesor e escritor. Nos últimos tempos estivo ligado de forma moi importante ás plataformas Nunca Máis e Burla Negra. Da súa produción poética destaca o libro Odisea. En 2004 gañou o premio Blanco Amor da novela con Orixe. En 2007 publica, tamén en Galaxia, o libro de relatos Made in Galiza.

Este libro de relatos narra pequenas historias sobre a perda da lingua.

O que nos quere expresar o libro, é dicir, a moralexa é que temos que usar a nosa lingua galega neste caso, porque se non co paso dos anos irase perdendo.

Cada relato cóntache unha historia interesante e entretida sobre o perdida da lingua galega, como o ladrón de palabras, os obxectos perdidos, nin en soños vou perder eu a miña lingua…, esos todo son relatos moi entretidos e curiosos, ca mesma moralexa en común, a perda da lingua.

A min gustoume, a parte do tema, cal é moi interesante, xa que adquires cultura doutro xeito, sen ter que ser estudado, se nos lendo este libo, cal aporta moita información de maneira entretida e divertida, xa que por exemplo:
En Nin en soños vou perder a miña lingua, usa o dobre significado da palabra lingua usando a ignorancia duna nena pequena o cal che motiva a ler o libro, xa que mais ou menos, todos os relatos xogan con iso da mesma forma.


miércoles, 16 de diciembre de 2015

O título desta obra é Irmán do vento

O seu autor é Manuel Lourenzo González.
Este naceu en Vilaboa (Pontevedra) o 3 de marzo de 1955. É licenciado en Pedagoxía, profesor de Ensino Primario en excedencia e profesor Secundario. É coautor de libros de texto da Lingua Galega para a ESO, así como diversos traballos de Historia da Literatura.

Xénero: Narrativo

Resumo

Este libro trata da supervivencia dun neno iraquí nun país en guerra.O Dr Luís Meira chega ao Oriente Próximo, formando parte dun equipo para  un estudo científico das ruínas de Petra en Xordania e co paso de tempo vai a Iraq. Durante a seu tempo en Iraq coñece a Khaled, un rapaz de 4 anos, nas ruínas de Niníve. Alí tamén coñece o seu avó, Hadras, que é vendedor ambulante de pezas de antiguïdades falsas. Hadras convida ao Dr Meira a ir a aldea onde viven, Qhissa Hanni, e quedou mes e medio na súa casa. Alí coñece a toda a familia de Khaled. Comezou a primeira guerra de Iraq e o Dr Meira volta a Galicia onde, aos dous meses, entérase de que acabara a guerra e que Pensha, un tío de Khaled, morrera nela. Un día morre a nai de Khaled, Beth, por unha enfermidade.O Dr Meira volve a Iraq e merca a casa que fora de Pensha e a súa muller, Ednal. Instálase definitivamente en Iraq e chámanno Al-Galego.Pero ao cabo dun tempo empeza a segunda guerra de Iraq.
Khaled escribe a primeira, das moitas outras cartas, a Alberte, o fillo imaxinario do Dr Meira.
O seu pai volveu casar cunha muller, Zulaid, coa que tivo un fillo. A Khaled non lle importou, pero a familia da nai sentoulle moi mal, e iso provocou enfrontamentos nela.
Un día, chegou a guerra de Bagdad e o seu pai tivo que ir cos outros soldados a loitar. Ao principio o pai mandáballe cartas e contáballe como era Bagdad, non mencionaba a guerra para non preocupalo. Recibía moitas cartas ao mes, pero pouco a pouco foron chegando menos, ata que chegou unha informando da súa desaparición.
Khaled vaino buscar a Bagdad. Pasou moitas aventuras polo camiño, e iso encantoulle, pero ao chegar á cidade, atopouse co seu pai morrera.

 Temas:

A guerra e a supervivencia.

Estructura:

     Externa: Capítulos.
     Interna: Introducción, nó e desenlace.

Personaxes:

Khaled = neno protagonista e un dos narradores da historia  
 Dr Luís Meira ou Al-Galego = arqueólogo, un dos personaxes principais e outro narrador 
Alberte = fillo imaxinario do Dr Meira e outro personaxe principal
Hadras = avó de Khaled, vendedor de pezas de antiguïdades falsas
Sayiam = pai de Khaled
Beth = nai de Khaled
Dulaah, Tsarha e Salima = tías de Khaled
Zubdalá = muller que coidaba de Khaled e a toda a familia, cuñada do avó
Pensha, Abdul e Onagro = tíos de Khaled
Ednal = muller de Pensha
Eimel = fillo de Pensha, curmán e mellor amigo de Khaled
Mr Ashdaf = mestre de Khaled
Zulaid = segunda muller do pai de Khaled
Dimas Ber = o alcalde
Amrah = filla do alcalde e moza de Khaled
Muhammad Abdul Adsi = curandeiro
Moun dei Ben Dabat = taberneiro
Tarik, Umar e Musa = amigos de Khaled
Kramal al-Nart = irmán de Tarik
Athaniel = o gandeiro que lle vendeu os cabalos ao pai de Khaled
Belda Mid = parteira
Mustafá Wasit = mestre prisioneiro
Sarif = soldado iraquí que abandona o seu uniforme
Irmán do vento = cabalo de Khaled

Lugar e tempo:

Iraq, en tempos de guerra.

1ª persoa.

Vocabulario:

Coloquial.